Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
Coñecemento das técnicas experimentais aplicadas á enxeñaría da auga. Capacidade para deseñar un experimento. Capacidade para desenvolver modelos reducidos en laboratorio. Capacidade para utilizar distintos tipos de instrumentación experimental incluíndo caudalímetros, sondas de calado, velocímetros tridimensionais, limnómetros, molinetes. |
A14 |
Coñecemento e comprensión do deseño e construción de modelos a escala de estruturas hidráulicas. Comprensión das diferentes técnicas existentes de medicións de condicións físicas (presión, temperatura, velocidade, etc.) dentro do campo da hidráulica. Coñecemento de sistemas informáticos e electrónicos de control e adquisición de datos en hidráulica (monitorización e control dunha conca fluvial, circuíto hidráulico, etc.). |
A20 |
Destreza no manexo de equipos de medición de campo e laboratorio. Coñecemento das metodoloxías para o control de procesos e a determinación de parámetros de deseño de procesos de tratamento de augas |
B1 |
Resolver problemas de forma eficaz |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B3 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa |
B4 |
Comunicarse eficazmente nun ambiente de traballo |
B5 |
Reciclaxe continua de coñecementos nunha perspectiva xeralista no ámbito global de actuación da Enxeñaría da Auga |
B6 |
Compresión da necesidade de analiza-la historia para entender o presente |
B7 |
Facilidade para a integración nos equipos multidisciplinares |
B8 |
Capacidade para organizar e planificar |
B9 |
Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e as ideas. |
C1 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C5 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
C6 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares)relacionados coa súa área de estudo |
C7 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
C8 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
C9 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo |