Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo fin de mestrado | Código | 632844216 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 15 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Os estudantes deberán redactar unha memoria fin de máster como requisito obrigatorio para obter a titulación de Máster en Enxeñaría da Auga. Para iso o coordinador da universidade de acollida lles designará un titor experto nos temas que os alumnos elixan como obxecto das súas memorias. A memoria poderá desenvolverse nas universidades da Coruña ou Magdeburgo, ou outras universidades con as que estas teñan acordos de colaboración. A asignación de destinos considerará as prioridades dos alumnos e en caso de conflito seguirá criterios estritamente académicos. Á finalización dos traballos o titor recibirá unha memoria, que será avaliada por un tribunal a constituír na universidade de acollida, de polo menos tres integrantes, entre os que estarán o coordinador do máster na universidade de acollida, o titor e outra persoa designada polo titor. En caso de conflito, os coordinadores das universidades da Coruña e Magdeburgo dirimirán calquera problema intentando chegar a unha solución de consenso entre as partes. O obxecto da memoria será un traballo de investigación científica en calquera dos campos relacionados coa Enxeñaría da Auga. Facilitarase un formato normalizado para que os alumnos se axusten a el, debendo entregar unha copia a cada un dos membros do tribunal con polo menos unha semana de antelación antes da súa lectura. O idioma en redactarase e defenderase a memoria será inglés. |
No ha lugar |