| Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
| Asignatura | Ferrocarrís | Código | 632G02034 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Actividades iniciais | Realízase unha sesión inicial para presentar o programa do curso e a organización do mesmo, indicando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia. |
| Sesión maxistral | Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos. |
| Traballos tutelados | Presentación de diferentes traballos relacionados cos temas da materia, que se plantexarán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas. |
| Solución de problemas | Durante o curso realizaranse periodicamente sesións durante as que se exporán exercicios que permitan afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións resolveranse os exercicios expostos e responderanse as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Como continuación destas sesións, propoñerase aos alumnos novos exercicios, para a súa resolución persoal. |
| Proba de ensaio | Realizaranse probas obxectivas para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de resolución de problemas. |