Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Benestar psicolóxico | Código | 652438015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B1 B2 B3 B6 B8 C7 C8 | Os alumnos terán que traballar na elaboración de actividades que, tendo como base os coñecementos previamente adquiridos no desenvolvemento da materia, teñan como fin último medir, analizar ou mellorar, o benestar psicolóxico das persoas | 15 |
Recensión bilbiográfica | B1 B2 B6 B8 | Farase una traballo de profundización aplicada dacordo coas directrices marcadas polo profesor | 15 |
Análise de fontes documentais | B1 B2 B6 B12 C6 | Valorarase a análise crítica sobre a bibliografía plantexada | 10 |
Discusión dirixida | B1 B3 B6 B8 C4 | Valorarase a participación crítica e razoada nas clases teóricas e prácticas, nas que os estudantes aporten solucións aos casos plantexados amparándose nas diferentes teorías e modelos que estudan o benestar psicolóxico | 10 |
Proba de resposta breve | B1 B6 B8 | Os alumnos terán que realizar un examen de resposta breve sobre os contidos abordados nas sesións expositivas | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para o alumnado asistente á materia (> 80% das sesións), o exame (proba de resposta breve) computará un 50% sobre o total da avaliación. Os traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais constituirá o 50% restante da cualificación final. No caso do alumnado con recoñecemento de matrícula a tempo parcial, o exame (proba de resposta breve) constituirá o 100% da cualificación. Neste exame non só entrarán os contidos abordados nas clases expositivas, senon tamén os desenvolvidos nos traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais que se plantexaran ao longo do curso. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (parte práctica e exame). 2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. |