Nesta materia o alumno poderá:
- Coñecer e comprender os principios xerais da intervención nos trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
- Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados nos TEA
- Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados en TEA.
- Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación en TEA.
- Diseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.
- Coñecer as posibilidades da intervención no TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese
- Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: Acceso aos dispositivos ou programas, interruptores de control, emuladores de teclado, emuladores de rato, coleccións de sons e pictogramas con especial atención a ARASAAC
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías