Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o analisis dos mesmos. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Solución de problemas |
Trátase de resolver diferentes problemas que se expoñan en relación cos contidos da materia, tanto desde o punto de vista máis teórico como práctico. levará a cabo en clase e baixo a supervisión da profesora. Desta forma leva a cabo unha avaliación continua para comprobar se se entende o explicado en clase e sábese aplicar a diferentes situacións. |