Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Traballos tutelados |
Trátase de que o alumnado adquira as competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, dirixido por un/ha profesor/a.
Será o Traballo Fin de Mestrado que o alumnado realizará e que terá que ser individual, innovador, personal e orixinal sobre una materia relacionada cunha temática ou área do programa de Mestrado. Os/as directores serán nomeados pola comisión do Mestrado, aínda que poderán ser propostos polo alumnado previa aceptación daqueles.
Constará dun documento escrito que terá que seguir as pautas que se sinalen no documento marco que se redactará ao efecto e as indicacións do/a director/a, realizadas na atención personalizada e/ou titorías. Neste documento marco poderanse contemplar características diferentes de formato, segundo as áreas polas que se presente, como por exemplo e entre outros, aqueles vinculado a un proxecto artístico na área de Didáctica das Artes Visuais que poderán ter un formato distinto no que atinxe a tipografía, maquetación, imaxes, etc., co obxectivo da búsqueda estética coherente co traballo realizado polo alumnado.
|
Análise de fontes documentais |
Utilización de documentos de toda tipoloxía, aplicables e relacionados coas didácticas específicas (primarias, secundarias e terciarias: arquivísticos, bibliográficos, audiovisuais, hemerográficos, arqueolóxicos, orais, textuais, literarias, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o traballo coasmesmas. |