Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Aplicación das TIC na Innovación Educativa | Código | 652534001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Alfabetización dixital e seguridade das e os menores na rede. |
Este primeiro tema abordará as competencias necesarias para facer un uso seguro de Internet e os principais riscos experimentados polas e os menores na rede ofrecendo instrumentos e coñecementos para afrontalos e previlos. Proteción de datos. |
Posibilidades educativas das Tecnoloxías emerxentes na Educación Infantil e Primaria. | As TIC evolucionan a un ritmo vertixinoso pero non todos os avances teñen unha aplicación inmediata ou directa na aula nin interese educativo. Neste tema abordaranse as posibilidades educativas das Tecnoloxías Sociais e doutras xa consolidadas e non abordadas no grao por exemplo a tecnoloxía Cloud computing, Realidade Aumentada, Learning Analitics) para poñer en marcha propostas máis flexibles, globalizadas, inclusivas e multilenguaxe na educación Infantil e Primaria. |
Desenvolvemento autónomo dos procesos de ensino e TIC. | As TIC abriron novos escenarios e posibilidades para reforzar a autonomía nos procesos de aprendizaxe e a avaliación formativa Neste tema abordaranse a implementación do e- portfolio e as Contornas Persoais de Aprendizaxe en Educación Infantil e Primaria). |
Deseño de proxectos de innovación educativa mediados por TIC. Exemplos de boas prácticas. | Neste tema presentaranse e analizarán exemplos de boas prácticas de innovación educativa con TIC. Seleccionásense experiencias (derivadas de proxectos europeos e nacionais), programas ( etwinning, entre outros) e identificaranse as claves de éxito e posibles aplicacións en educación Infantil e Primaria. |
Políticas e recursos institucionais para a integración das TIC na aula e centro educativo. | Finalmente presentaranse e analizarán con criterio académico as políticas e programas de implementación de TIC nacionais e autonómicos así como os principais recursos dispoñibles nos centros educativos galegos. |