Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía | Código | 652602E1I2 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas: En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura. Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma. |
Traballos tutelados | Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa. Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente. Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor. O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes: 1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado, 2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso (incluirá: contexto educativo, actividades didácticas e produto final que se pretende acadar, facendo especial mención á metodoloxía e o tipo de interacción entre o alumnado, así como as competencias que se pretenden desenvolver) 3. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía, no que describirá e xustificará o emprego da metodoloxía elixida, se deseñarán as actividades didácticas e as competencias que se pretenden desenvolver. 4. conclusións finais que relacionen o proxecto deseñado coa fundamentación desenvolvida. Non se valorará que se describa a ferramenta TIC empregada nin se terá en conta o espazo ocupado no mesmo. 6. referencias bibliográficas Características: - cada apartado contará coa súa correspondente introducción - será comentada e titorizada pola docente alomenos unha vez durante o desenvolvemento do módulo, non realizándose titorizacións unha vez rematado o mesmo. - a extensión do traballo será de 12 páxinas mínimo e 18 máximo para grupos de 3 e de 16 páxinas mínimo e 24 máximo para grupos de 4. En DINA4, impresas en arial 11 a dobre espazo e marxes a 2 cm. Formato Word e pdf, evitando odt. -entregarase na aula virtual no curso correspondente á asignatura. Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica. |
Foro virtual | Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas para a discusión dirixida. Só se valorarán as achegas realizadas nas datas de desenvolvemento do módulo. |
Discusión dirixida | Actividade a realizar como síntese, despois da realización e entrega dos traballos tutelados. Realizarase unha posta en común e discusión, guiada polo docente, por parte dos distintos grupos sobre os traballos realizados. Servirá como retroalimentación das aprendizaxes. |
Estudo de casos | Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida. |
Lecturas | Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados. |