Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Formación profesional e mercado laboral | Código | 652606611 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A18 A34 C6 | O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral | 40 |
Portafolios do alumno | A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 | O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar | 40 |
Proba de ensaio | A16 A17 A18 A29 C4 C7 | O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada | 20 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA A asistencia é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 15% de ausencias) . As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden ter unha ausencia superior ó 15%. Neste caso teñen dereito a unha modalidade de avaliación específica que contempla a supervisión e titorización individualizada. En todo caso, teñen que realizar as mesmas tarefas que o resto do alumnado. O alumnado sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito de asistencia ó 85% das horas da materia terá que realizar un exame teórico-práctico e o estudo de casos. Para aprobar terá que aprobar as dúas partes. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: portafolio do alumnado (4 puntos), estudo de casos (3 puntos) e proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. INTEGRIDADE ACADÉMICA PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso. |