Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral | Código | 652606E3I6 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas. As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada. |
Presentación oral | As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e deberán expor a experiencia analizada por outro compañeira/o. |
Prácticas a través de TIC | As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos. O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario.Na materia de Proxectos de innovación e investigación, amplíase o marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais e incorporánse novas fontes e recursos á contorna persoal de aprendizaxe. Con estas actividades están a traballarse as competencias dixitais docentes de tres áreas: a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais). b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais) c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais) |
Portafolios do alumno | As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal que ha de presentarse nun artefacto dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte en grupo, resultado da posta en común das lecturas sobre o concepto de innovación e os seus ámbitos e sobre a valoración e conexión entre as experiencias analizadas. A estrutura do portafolio e as pautas para a parte grupal van ser presentadas o primeiro día de clase. |
Sesión maxistral | Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acotanse conceptos vencellados a innovación educativa. |