Traballos tutelados |
A4 A5 A7 A9 A19 A20 C2 C6 |
Participación nas sesións e traballos puntuais que poderán ser individuais, colectivos ou a través da plataforma virtual. |
35 |
A asistencia ás clases é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en
tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e
sempre respetando as normativas de asistencia a clase, así como os sistemas de avaliación que figuran
expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das
consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a
determinadas sesións presenciais. Quen teña concedida a dispensa académica, e
como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado ou avaliada seguindo os criterios aplicables, e deberá informar ao profesor e manter un contacto continuado sobre as metodoloxías de traballo e a súa avaliación. Nas oportunidades de setembro e decembro se manterá a presentación oral e a proba obxectiva (cos mesmos valores porcentuais). Os traballos tutelados (35% da nota final) serán entregados a través da plataforma dixital SEMPRE antes da data oficial de exame.
|