Prácticas de laboratorio |
Prácticas multidisciplinares |
Aprendizaxe servizo |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
Desenvolverase unha acción socioeducativa de investigación e sensibilización sobre o dereito ao hábitat na cidade da Coruña. Servíndose da cartografía social, tratarase de visibilizar as realidades de persoas inmigrantes e persoas sen fogar respecto da cuestión estudada.
|