Obradoiro |
A42 A45 A49 A52 B12 B21 C1 C2 |
. |
60 |
O obradoiro implica todo o proceso desde a planificación inicial dos traballos de cada grupo ata o momento da representación final da obra. Nese sentido integra xa a actividade de 'lectura', que é inicial, desde a primeira semana do curso e que debe servir para a planificación e debate gradual sobre a forma e o contido do proceso xeral. A 'discusión dirixida' plásmase no dobre traballo escrito, colectivo e individual, que cada grupo e cada alumno deben presentar unha vez feita a representación, de modo que se está cualificando tanto a capacidade de traballo en grupo como as propostas individuais sobre ese traballo e a súa crítica e alternativas. Así pois, no concepto 'taller' intégrase todo o proceso constante, ao longo de catro meses e que se basea na creación, con todo o que isto leva. En canto á 'discusión dirixida', para a que se deben utilizar as consultas en tutorías, tanto individuais como en grupo, o que se cualifica é a plasmación escrita do proceso global, nos seus dous niveis. Para calquera outro tipo de avaliación consultar ao docente.
|