Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos da educación física na sociedade actual | Código | 652G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma. |
Traballos tutelados | Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos. A profesora especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
Presentación oral | Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Práctica de actividade física | O alumnado poñerá en práctica sesións de Educación Física deseñadas por eles mesmos para diferentes cursos de Educación Primaria e os compañeiros e compañeiras realizarán as prácticas correspondentes ás devanditas sesións. |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte da profesora, dos Fundamentos da Educación Física na Sociedade actual. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico. |
Proba de resposta breve | Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. |
Actividades iniciais | Actividades que se realizarán ao inicio da materia a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado en relación á Educación Física escolar, coñecer cales son as súas experiencias previas coa mesma e así poder partir dun punto que permita favorecer a aprendizaxe significativa. |
Proba mixta | Proba individual que se realizará a final de curso e que integrará preguntas obxectivas (tipo test, verdadeiro-falso, de desenvolvemento breve, etc.) nas que o alumnado demostrará a asimilación dos contidos da materia. |