Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum I | Código | 652G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Saídas de campo | CONSTITÚEN AS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc. |
Seminario | 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum. 2. Selección de centro (2 horas). 3. Un mínimo de dous seminarios de titoría obligatoria durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas). - Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna. - A segunda (ou posteriores) serán convocadas polo titor e tratarán as seguintes temáticas: Posta en común do traballo realizado ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Asimesmo tratarase a Avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados. |
Análise de fontes documentais | Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa. |
Portafolios do alumno | Ver documentos anexos |