Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C1 C3 C7 | Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes: a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; barreiras de xénero que limitan a empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional. b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral; integración da perspectiva de xénero nas distintas fases do programa e nos elementos das accións; formulación de obxectivos e organización dos contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social; descrición pormenorizada das actividades. c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA. d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias. |
60 |
Proba mixta | A2 A8 A9 | Integrará tres preguntas de resposta breve e unha de análise, valoración e re-diseño dos obxectivos e contidos dun programa de orientación ocupacional. O alumnado poderá escollar entre a proba mixta e un portafolio. |
35 |
Prácticas a través de TIC | C3 | Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional. Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas axeitadas, descrición e valoración dos recursos. Ademais do marcador social poderán construír outro artefacto dixital da súa escolla, neste caso relacionado coa área de creación de contidos. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta (ou a súa alternativa) e á actividade de simulación. Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)Na segunda oportunidade recuperanse as partes non superadas. Actividades optativasCoa realización de a) Construción dun artefacto dixital da súa escolla b) Actividades de auto-orientación ( autocoñecemento, exploración do mercado profesional, das posibilidades de prácticas, de voluntariado e das opcións de formación de posgrao e complementaria. c) Informe con noticias e artigos de análise recollidas da prensa e relacionadas coas temáticas abordadas na materia. d) Auto-diagnóstico reflexico sobre a súa situación sociolingüística e balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos. Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas propostas. Neste caso, as actividades de avaliación son : a) a proba mixta (30) b) deseño dun programa de orientación ocupacional (40) c) informe sobre as aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia (30). O alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non asista ó 85% das aulas poderá acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar esta modalidade terá que solicitar unha titoría para valorar as circunstancias e concretar as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento. COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode sumar até 1 punto. LINGUAXE INCLUSIVA É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Citación de fontes Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo) nos traballos deben estar Plaxio O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual Copia no exames ou na laternativa ó exame (portafolio) O uso indebido de información no exame será motivo de suspenso. |