Descrición xeral |
A materia de Fundamentos da intervención logopédica sitúase no 1º cuatrimestre do 1º Curso do Grao en Logopedia; polo tanto, trátase dunha materia que permite introducirse nos coñecementos necesarios para o estudo no campo da logopedia. A logopedia é unha disciplina de carácter multidisciplinar que comparte o seu estudo sobre a comunicación humana con outras disciplinas relacionadas coa mediciña (neuroloxía, psiquiatría, neurología, fisioloxía...), así como coa lingüística, a pedagoxía, a psicoloxía... A comunicación e a súa forma máis importante de expresión, a linguaxe, son hoxe en día un dos temas centrais na Sociedade da Información, cuxos cambios son reflectidos nas súas diversas esferas: na educativa, a familiar, a comunitaria... A través desta materia preténdese afonzar nos conceptos chave que mergullarán ao estudantado no campo da intervención logopédica en diversos sectores e campos de acción do profesional da Logopedia. |