Se ofrecerá ao alumnado atención personalizada nas titorías individuais e/ou grupais tanto para o desenvolvemento e corrección dos traballos de aula (análise de fontes documentais, seminario, investigación) como para a resolución de dúbidas para o exame (proba mixta), coa find e facer un seguimento da evolución da aprendizaxe e un rexistro do seu traballo persoal.
O alumando acudirá no horario de titorías disposto pola docente para o 1º cuatrimestre. Recoméndase solicitar con antelación, por correo electrónico, unha cita coa docente para evitar esperas innecesarias e interrupcións da labor dos/das docentes nos seus despachos por mor do ruido xerado nos pasillos.