O Traballo Fin de Máster (15 ECTS) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Mestrado Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinado desde a materia de Metodoloxía da Investigación, será realizado polo estudante ao longo do terceiro cuatrimestre baixo a dirección dun profesor titor-Doutor que se asignará en función da coincidencia de intereses de investigación.