Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria | Código | 653862208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Como requisito previo para poder cursar a asignatura estímase necesario ter un coñecemento mínimo sobre o método científico e a redacción de documentos de investigación, así como o manexo a nivel usuario da folla de cálculo Excel. Nalgunha clase práctica é posible que se necesite traballar con algún paquete estatístico, como o SPSS oo o GRETL. É recomendable un nivel mínimo de inglés para a lectura e interpretación de textos científicos nesta língua.
Programa Green Campus FCS Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. PLAxio A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte. Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado. |