Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional | Código | 653G01108 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 7 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas. No referente a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenrolo. Ademáis, en canto ás preguntas obxetivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Permite adquirir competencias xenéricas referenciadas en esta asignatura. |
Lecturas | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se teñen recollido i editado como fonte de profundización nos contidos traballados. Permiten adquirir as competencias específicas referenciadas nesta asignatura. |
Obradoiro | Mediante diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados | Se realizarán varios traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesor: algúns de modo individual e outros en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para oseguimento, presentación escrita, preparación da presentación i exposición na aula, no seu caso. |