Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Materiais II | Código | 670G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | B5 B16 | En cada exame proporase a solución dun ou varios exercicios relacionados coa materia impartida. | 20 |
Proba obxectiva | B1 B16 C1 | Realizaranse distintas preguntas relacionadas coa materia impartida, tanto nas clases expositivas, como interactivas, que pretenden avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. (Ponderación 80%). Realizarase así mesmo unha proba tipo test, co fin de avaliar os coñecementos específicos sobre a materia tratada. (Ponderación 20%.). |
50 |
Prácticas de laboratorio | A19 B7 B12 B16 B21 B22 B27 C8 | Valorarase o traballo realizado polo alumno durante o curso na realización das prácticas de laboratorio, resolución dos exercicios que se expoñan, así como a nota obtida nos controis realizados. | 30 |
Observacións avaliación | |||
EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. No exame da primeira e segunda oportunidade, realizarase unha parte teórica e outra de solución de problemas. AVALIACIÓN CONTINUA (PRÁCTICAS DE LABORATORIO) Representa o 30 % da nota final. Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e das expositivas, así como realizar TODAS as actividades de laboratorio propostas. Ademais será necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10, para tela en conta na nota final da materia. No caso de non cumprir algún dos requisitos anteriores a nota correspondente á Avaliación continua, será cero (0). As actividades a realizar e a porcentaxe na nota total das Prácticas de laboratorio, serán: Práctica de Laboratorio*: Realización da análise granulométrico dunha area (10 %). Práctica de Laboratorio*: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (10 %). PARTICIPACIÓN EN CLASE: Avaliarase o traballo persoal e a intervención en clase (10%) CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (35 %). CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (35 %). NOTA FINAL A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria,tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a puntuación obtida no exame final . O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases e realizado o traballo previo necesario, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final. A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación. (30 % Avaliación Continua, 50 % Proba Obxectiva e 20 % Solución de Problemas). En cada unha das partes que compoñen o exame deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10, para poder aprobar o exame. En caso contrario (Nota inferior a 4 nalgunha das partes do exame), a nota medía ponderal dividirase por 1,6. *Anularanse todas as prácticas no laboratorio se non se certifica que os datos de radón cumpren a normativa vixente. Nese caso o contido das prácticas se desarrrollará só a través de vídeos e normativa, e a nota da súa avaliación obterase nas probas obxectivas (controis) que pasarán a ter unha puntuación do 50% da nota de avaliación cada un: PARTICIPACIÓN EN CLASE: Avaliarase o traballo persoal e a intervención en clase (10%) CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos e preguntas sobre o seu procedemento. (45 %). CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón e preguntas sobre o deseño, fabricación e control do formigón. (45 %). Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 no exame para aprobar. Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia. Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán |