Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Materiais III | Código | 670G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A4 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B5 B6 B7 B13 B16 B22 B25 B27 B28 B30 C1 C3 C4 C7 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
30 |
Proba mixta | A3 A4 A5 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B16 B26 C4 C6 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio ou desenvolvemento e preguntas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de definición, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
70 |
Observacións avaliación | |||
Cada semana definiranse un contido temático que se desenvolverá tanto a través das clases expositivas como interactivas. As clases expositivas dedicaranse á exposición xeral dos temas por parte do profesor pero tamén se requirirá a participación activa do alumnado en maior ou menor medida segundo o tema en cuestión. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. As clases interactivas serán clases participativas sempre, nas que se traballasen algúns dos temas de cada bloque que se elixirán de acordo coas competencias que se queren alcanzar. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. O traballo persoal do alumno será obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado polo alumno e materializarase na exposición dos traballos programados. Será obrigatorio a realización e presentación de todos os traballos propostos nas clases interactivas. A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota total superior ou igual a 5 no exame final e unha nota superior a o 4/10 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos. Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame. Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación no seu desenvolvemento. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións. A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte: 0: a non asistencia a clase 1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal 2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente 4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo. Ou o alumno NON participa nos debates xerados en clases ou os coñecementos que achega son insuficientes aínda cando realizase o traballo planificado para sexa semana. 6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte. Participa nos debates de maneira adecuada. 8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno. Participa nos debates de maneira edecuada 10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4. Caso particular: alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. O proceso de avaliación para estes alumnos será o descrito para o resto de alumnos en ambas as convocatorias. Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán |