Recensión bilbiográfica |
Os alumnos deberán presentar, antes da celebración do exame, individualmente e por escrito, unha recensión ou análise de contido de catro lecturas e textos convidos co profesor. Poderán ser citados polo profesor para comentar ditos contidos. |
Sesión maxistral |
É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas sobre os mesmos. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da materias, aos que os alumnos deberán asistir, existindo a posibilidade de que nos exámes se poidan incluir algúns dos temas tratados en ditas actividades. Asi mesmo, e na medida do posible, poderán levarse a cabo viaxes de formación coa visita a proxectos socioculturais en marcha ou xa realizados. |
Traballos tutelados |
Os alumnos, de forma individual ou colectiva (non máis de tres) realizarán un traballo que implique a redacción dun estudo aplicado baseado na cultura e o patrimonio. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor. Os traballos servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. A dirección ou tutela efectuarase de forma individual nol despacho do profesor ou colectiva en días de clases interactivas. Para a elaboración destes traballos os alumnos apoiaranse na bibliografía especializada existente para cada un dos diferentes temas así como en proxectos levados a cabo por distintas institucións. A bibliografía será a que, para cada caso, recomende o profesor ou propoñan os alumnos. Os sistemas para levar a cabo este traballo son o acceso á bibliografía existente sobre a materia, a enquisa, a observación participante, a entrevista en profundidade a diferentes expertos e os grupos de discusión e debate que lles permitan especializarse e coñecer en profundidade a realidade das distintas institucións e organizacións da cultura, o patrimonio, o turismo e a xestión. Dito traballo entregarase antes da celebración do exame. |