Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fontes de Información Especializadas | Código | 710G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A3 A4 A6 B3 C2 C3 C5 C6 C7 C8 | Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Esta proba poderá combinar preguntas de resposta libre breves, preguntas tipo test, identificación e xustificación de afirmacións verdadeiras ou falsas, completar coas palabras axeitadas os espazos en branco dun texto ou oración... Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación. |
40 |
Traballos tutelados | A3 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C18 | As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Poderá solicitarse a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. | 30 |
Presentación oral | B3 B6 B7 B8 C1 C3 C10 C14 | Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. | 10 |
Portafolios do alumno | A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B2 B3 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 | Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. | 20 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba obxectiva, de non ser así a nota global da materia non será superior a un 4,9. Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fora de prazo ou copiados os traballos serán considerados como non presentados e serán cualificados cun 0. Este será tamén o caso dos traballos tutelados non consensuados coa profesora no prazo que se establezca. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios. ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:
|