Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Economía: Industria da Moda | Código | 710G03003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 | Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no desenvolvemento das actividades colaborativas, consideradas actividades de avaliación continua. Estas actividades poderán consistir nun traballo tutelado ou ben no desenvolvemento do proxecto de aprendizaxe-servizo. | 30 |
Proba mixta | B1 B2 B3 B4 B5 | Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente, debendo obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 7. | 70 |
Observacións avaliación | |||
Criterios de avaliación (outros comentarios): A nota mínima esixida para aprobar esta materia será 5 puntos. Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante algunha das actividades de "aprendizaxe colaborativa" ou, en caso de existir, algunha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Alumnado non presentado: O alumnado será calificado con "Non Presentado" no caso de que unicamente se presentase a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. Alumnado suspensoO alumnado que suspenda a proba mixta (exame final) figurará en actas coa calificación obtida na mesma. Alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O alumnado con algunha destas condicións será avaliado baixo os criterios anteriores. Criterios da segunda oportunidade (convocatoria xullo): Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade. Criterios da convocatoria adiantada: O alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, un 70% o exame final (proba mixta) e un 30% a avaliación continua (aprendizaxe colaborativa). |