Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda | Código | 710G03004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 | Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla: - Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contido [35%] - Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%] - Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [5%] - Creatividade na forma e contido [5%] - Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%] - Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%] - Avaliación do traballo doutros grupos [5%] |
25 |
Proba mixta | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 | Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 30%, respectivamente, na nota final da materia | 50 |
Estudo de casos | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 | Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente. Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares. |
15 |
Prácticas a través de TIC | B1 B2 B7 B8 B9 C3 C9 | Avaliación das prácticas realizadas na aula e doutras das que se poida solicitar entrega | 5 |
Seminario | A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 | Participación activa no seminario organizado e entrega dun informe. Será preciso que o alumnado, antes da realización do seminario, se organice en grupos de traballo e busque información sobre a persoa que intervirá no mesmo e sobre a empresa ou organización á que pertence, de cara a formular cuestións durante o tempo de debate do seminario. Deberase enviar unha proposta de preguntas por grupo. Terase en conta a pertinencia e relevancia das preguntas. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta. En caso de non cumprirse este requisito a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Neste caso, a nota final que aparecerá no expediente académico será a nota da proba mixta. Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e aos diferentes seminarios organizados por esta materia ou pola coordinación do grao. O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia a clase, pero si deberán facer entrega dos estudos de caso e prácticas realizadas na aula; e o sistema de avaliación será igual ao do resto do alumnado. Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), so terá validez para o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. O alumnado que o desexe poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación á profesora e autorización por parte desta. Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. |