| Descrición xeral | A través do proceso de aprendizaxe, reflexión e interiorización desenvolvido ao longo da materia, o alumno e a alumna adquirirán os coñecementos, actitudes e habilidades necesarios para: 
-	Participar na atención da comunidade, tendo en conta a realidade da muller e da poboación infantil e adolescente nela.
-	Comprender o proceso saúde–enfermidade da muller e do neno e a nena desde o seu nacemento ata a adolescencia, así como os condicionantes físicos, psíquicos, antropolóxicos e da contorna  sociofamiliar que o potencian ou dificultan.
-	Identificar as necesidades de saúde propias da muller, especialmente durante a súa etapa reprodutiva e durante o seu proceso de maternidade.
-	Prestar coidados de enfermería á muller, que contemplen desde a promoción, o mantemento, a recuperación e a rehabilitación da saúde ligada ao sexo, á reprodución humana, e ao coidado de forma integral da nai.
-	Analizar  críticamente os recursos e dispositivos sociosanitarios que prestan atención á muller.
-	Realizar as accións encamiñadas á vixilancia e seguimento do neno e a nena sans, así como a detección precoz dos nenos e as nenas de alto risco.
-	Identificar as necesidades de saúde do neno e nena san ou enfermo, desde o nacemento á adolescencia nos diferentes contextos en que se atopa (familia, comunidade, medio hospitalario)
-	Valorar e detectar os problemas relacionados coas necesidades básicas alteradas do neno ou nena  e do adolescente ou da adolescente.
-	Establecer unha correcta comunicación co neno, nena, a familia e a equipa de saúde. |