Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Enfermaría | Código | 750G01107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A23 A24 A25 B24 B22 B21 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 | Proba escrita onde o alumno deberá resolver un caso onde se lle expoñerá un problema de saúde-enfermidade hipotético. |
20 |
Proba oral | A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 | Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. Implica un estudo amplo e afondo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. | 40 |
Proba mixta | A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
40 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade. Os estudantes que non superen ou non se presenten á proba oral nas datas establecidas, podrán ser avaliados na data oficial correspondente á primeira oportunidade, mediante un exame escrito. A aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta. O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO. As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. MATRÍCULA PARCIAL: Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia. DISPENSA ACADÉMICA: De acordo á normativa da UDC, admítese a dispensa académica nesta materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula, deberán cumprir os seguintes requisitos:
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos profesores da materia. FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS Segundo o establecido na normativa da UDC: 1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |