Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Dermatoloxía | Código | 750G02026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos...) Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material se poñerá a disposición do alumnado por diferentes vías (plataforma virtual, papel, correo electrónico...). |
Recensión bilbiográfica | A recensión consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos sobre Dermatoloxía PodolóXica ou temas relacionados coa mesma e a realización de actividades (Resúmenes, esquemas, traduccións,...) que no seu momento propoñeranse a través da facultade virtual. |
Proba de resposta múltiple | Exame con preguntas de proba obxectiva (70 preguntas tipo test). O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica). |
Seminario | Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a. O alumno/a deberá expoñer polo menos unha actividade a determinar no transcurso da materia. |