Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Investigación Social | Código | 760G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 | A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. | 30 |
Traballos tutelados | A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 | De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto. Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións. As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
20 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A25 A31 A35 B1 B15 C8 | Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao. O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos do emprego e os recursos humanos. Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor. O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar. Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Presentación oral | A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C1 C3 | Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Esta materia está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. |