É importante a lectura de
prensa e revistas económicas. Porase ao dispor do/a estudante materiais
varios na fotocopiadora e/ou en Moodle. Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero: | Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, de se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención
de impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…) 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria |