Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Medio ambiente e calidade | Código | 610G01037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados á resolución dalgúns dos problemas e cuestións que, previamente terán sido entregados ao estudante. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas e solo. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidade dos laboratorios. |
Prácticas de laboratorio | O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos estudados ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos. |
Proba mixta | Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudante seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos. |
Traballos tutelados | O estudante deberá facer un traballo escrito onde se comparen os aspectos principais dos dous sistemas de xestión da calidade nos laboratorios. Para iso deberá estudar previamente a normativa da Unión Europea e as guías de ISO. Segundo o número de estudantes podería ser individual ou en grupo e, inclusive, facer un pequeno debate entre grupos para discutir ideas e aproximacións a un problema. |
Sesión maxistral | Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao alumno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico. |