A materia fundamentos bioquímicos de biotecnoloxía é claramente interdisciplinar, caracterizada pola reunión de conceptos e metodoloxías procedentes de numerosas ciencias para aplicalas tanto á investigación básica como á resolución de problemas prácticos e a obtención de bens e servizos. Esta vertente práctica conecta ao alumno co mundo empresarial dándolle unha visión desas aplicacións no mundo dos negocios o que pode facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Ademais é unha ciencia moi dinámica en continuo crecemento e expansión o que obriga a manterse ao día consultando fontes bibliográficas e artigos de investigación actualizados en lingua inglesa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñense todas ás metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: pasará a impartirse a través de Teams. O profesor poderá subir presentacións, mini-videos, clases comentadas a plataforma de teledocencia e utilizar estas sesións para resolver cuestións ou dúbidas
Seminario: a exposición do seminario realizado farase a través de Teams.
Solución de problemas: As indicacións para a resolucións de problemas farase a través de Teams.
Proba obxectiva: Farase a través de Moodle. Mentres se esté a realizar a proba o alumno estará conectado vía Teams coa cámara activa e o micrófono desconectado.
Prácticas de laboratorio: As prácticas de laboratorio poderanse substituír por videos, simulacións ou casos prácticos. As orientacións poderanse realizar a través da aula virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizarase a través do correo electrónico, Teams ou foros de Moodle.
4. Modificacións na avaliación
Non se propoñen cambios na avaliación
*Observacións de avaliación:
A avaliación será online a través de Moodle e o seguimento do alumnado durante a proba farase mediante Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se propoñen cambios na bibliografía ou webgrafía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías