Concepto de estrés, fisiopatía e enfermidade. Estrés hídrico: encharcamiento e seca. Estrés
oxidativo. Estrés luminoso por exceso e defecto. Estrés por altas e baixas temperaturas. Estrés
por nutrientes minerais. Enfermidades das plantas. Tipos de patógenos. Patogénesis:
procesos de infección e colonización do patógeno. Defensa da planta e resistencia.
Fisioloxía da planta enferma. Pragas das plantas. Resposta aos herbívoros.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son básicos para a formación dun Graduado en Bioloxía
2. Metodoloxías
Ao tratarse dunha materia do segundo cuatrimestre pódense dar tres situacións:
A- Docencia presencial normal, si o acceso á Facultade estivera permitido nun horario e aforo como os de antes da pandemia. Nese caso voltaríase a un sistema totalmente presencial.
B- Docencia híbrida ou semipresencial, si o acceso á Facultade estivera restrinxido en horario ou aforo. Nese caso habería una combinación de docencia presencial e on-line.
C- Non presencial, si o acceso á Facultade estivera totalmente prohibido nese cuatrimestre. Nese caso a docencia sería totalmente non presencial
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso A, todas.
No caso B as clases maxistrais impartiríanse de xeito presencial rotatorio (aforo presencial limitado) e ao tempo a clase retransmitiríase on-line con Teams. No caso das prácticas, reduciríase o aforo no laboratorio e parte das prácticas se impartirían on-line con materiais ad hoc xerados polos profesores. Os grupos reducidos serían en parte presenciais en parte on-line. *Metodoloxías docentes que se modifican.
No caso C, clases maxistrais, prácticas e grupos reducidos desenvolveríanse totalmente on-line.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.
4. Modificacións na avaliación
No caso A, presencial. Nos casos B e C, avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No caso A, ningunha. Nos casos B e C: se fose posible libros alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se puidera ter acceso dende o inicio dese cuatrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa suscripción institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías