Terase en conta a participación do alumnado nas sesións programadas. Utilización da bibliografía
recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o
desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose
necesario. A.-Exame: 40% da cualificación.
B.-Estudo de casos: 60% da cualificación. A nota agregada deberá ser
igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a
segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que
deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.
No caso de alumnado con
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de
comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e
entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar
actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos
de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando
só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.