<p>É recomendable ter coñecemento de inglés, especialmente en comprensión lectora, xa que parte do material entregado na clase e a meirande parte da bibliografía están nesa lingua.</p><p>A avaliación consistirá da suma ponderada das calificacións acadadas no desenvolvemento das prácticas TIC (0.10), do traballo individual (0.65) e do exame escrito (0.25). Unha participación activa na clase é tamén desexable.</p><p>Casos excepcionais: Cando por razóns debidamente xustificadas o estudante non poida completar as tarefas de avaliación previstas, o docente adoptará o criterio de avaliación que considere máis oportuno.</p>
|