Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Macroeconomía e Entorno Empresarial | Código | 611G02017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A6 A7 A8 | Durante o período lectivo realizaranse probas (que poden incorporar preguntas conceptuais, estudos de casos, razoamento e resolución de problemas, etc.) que conformarán a avaliación contínua de clase que acadará o 100% da cualificación da primeira oportunidade. No hai exame final. A avaliación da 2ª oportunidade consistirá nun exame de toda a temática da asignatura (no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos, etc) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación. |
97 |
Discusión dirixida | C1 C5 | Valoraranse, si fose procedente, as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións interactivas, en torno as preguntas e cuestións das probas da avaliación continua (incorporadas nas proba obxectivas). | 1 |
Estudo de casos | A4 B8 B9 | Valoraranse, si fose procedene, as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos planteados nas probas de avaliación continua (incorporadas nas probas obxectivas). | 1 |
Solución de problemas | A7 A11 A12 | Valoraranse, si fora procedene, as solucións propostas polos alumnos ás cuestións das probas da avaliación continua (incorporadas nas probas obxectivas) | 1 |
Observacións avaliación | |||
Non presentado: Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. O criterio de avaliación da segunda oportunidade: Exame de toda a temática da asignatura (no que poderá incluirse preguntas conceptuais, cuestións de razoamento, resolución de problemas e/ou casos, etc.) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación. Convocatoria adiantada-. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: ainda que estean exentos de asistencia, serán evaluados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. Condicións de avaliación: seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Identificación do estudante: o estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa. |