Neste módulo tratarase de ofrecer ao/á alumno/a unha visión dos diferentes xeitos de resolución dos conflictos xurídicos susceptíbeis de xurdir na práctica xurídico-empresarial. Os mecanismos de resolución de conflictos pódense clasificar en xurisdiccionais e extraxurisdiccionais. En canto aos primeiros, ofrecerase unha visión dos procesos civís máis específicos da actividade empresarial, así como dos procesos laborais máis salientábeis. Farase especial incidencia tamén na resolución dos conflictos fóra do ámbito xudicial, o que se vén chamando as Alternative Dispute Resolution, que veñen cobrando cada vez maior auxe, ao se presentaren como métodos eficientes de solución das controversias xurídicas, diante da endémica lentitude da xustiza estatal. Por último, parte da docencia ocuparase da resolución da crise empresarial a través dos mecanismos concursais e para-concursais.
Procurarase que o/a estudiante adquira unha visión xeral da materia que o/a capacite para acudir aos instrumentos procesuais ou extra-procesuais máis axeitados segundo o caso concreto, así como un coñecemento específico das institucións máis comúns na actividade empresarial. Estes obxectivos tentaranse cubrir dende a dupla perspectiva teórico/práctica, de xeito que, en primeiro lugar, se anfiancen e amplíen os coñecementos que os/as estiatnes teñen xa adquirido no grao para, en segundo lugar, desenvolvan as competencias necesarias para aplicar os coñecementos teóricos ao caso concreto, a través dos talleres e prácticas a realizar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Facilitación de materiais vía moodle
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións síncronas se impartirán a través de Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A forma de comunicación habitual é a través de correo electrónica. Se é necesario se concertarán titorías síncronas a través de Teams a petición do estudante
4. Modificacións na avaliación
A avaliación seguirá consistindo na entrega de traballos que serán entregados a través de moodle ou por correo electrónico
*Observacións de avaliación:
A asistencia se referirá ao seguimento das sesións vía Teams
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías