Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Inglesa 2 Código 613G02008
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
noemi.pereira@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Descrición e uso da lingua inglesa nun nivel intermedio alto (B2.2) Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia (B2.1) Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen 1. Sesións maxistrais (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams) 2. Seminario (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams) 3. Discusión dirixida (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams) 4. Proba oral (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams) 5. Portafolios do alumno (podendo modificar formas e datas de entrega) 6. Proba mixta (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams) 7. Lecturas *Metodoloxías docentes que se modifican 1. Traballos tutelados. O alumnado poderá escoller entre a modalidade grupal (orixinal) ou individual. 2. Aprendizaxe colaborativa. O traballo realizarase de forma non presencial a través das diferentes plataformas institucionais habilitadas para tal efecto. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado •Correo electrónico. Diariamente (de luns a venres); Moodle (horario de aulas); Microsoft Teams (horario de aulas e titorías). 4. Modificacións na avaliación •Traballo Tutelado. A presentación oral do traballo tutelado substituirase por unha vídeo gravación que, acompañada do texto que se requira, será enviada por correo electrónico ou Moodle segundo se estableza. •Proba Oral. As tarefas de expresión oral durante o curso ou, na súa falta, a proba oral poderán ser realizadas a través de Microsoft Teams. •Portafolios do alumno. As tarefas de produción escrita e comprensión lectora avaliaranse de forma asíncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams. •Proba mixta. A proba mixta realizarase de forma síncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams. *Observacións de avaliación: No caso de fallos xerais no sistema ou problemas de conexión xeneralizados durante a realización das probas síncronas, o profesorado facilitará as probas por correo electrónico ou utilizará a vía telefónica se é preciso. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías