Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas.
Lecturas Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.