Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra Lineal | Código | 614G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A12 A27 A1 A2 B1 B5 B6 | Ó longo do cuadrimestre realizaranse 3 probas de avaliación continua. Estas probas incluen tanto preguntas sobre os contidos teóricos explicados como exercicios similares ós dos boletíns. Valorarase a presentación clara e razoada das respostas. Será posible avaliar unha actitude participativa dos alumnos na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en pequenos grupos. A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades do anuncio do curso académico. |
30 |
Proba obxectiva | A1 A2 B9 | Ó final do cuadrimestre farase unha proba escrita. Esta proba inclúe: - Preguntas curtas que permiten valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Exercicios cun grao de dificultade similar ós realizados na clase e ós presentados nas coleccións de exercicios propostos. Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade e a orde na presentación dos resultados expostos. Para suma-la nota desta proba obxectiva á nota de prácticas, o alumno debe obter máis de 3 puntos dos 7 posibles. |
70 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e previo acordo coprofesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros. |