Seminario |
Consiste na presentación por parte da profesora e a posta en común e debate das lecturas obrigatorias, e na exposición da lectura individual seleccionada por cada estudante. Cada seminario versará sobre un tema teórico no que 1º a profesora realizará a explicación da lectura obligatoria co posterior debate colectivo, e 2º un/ha estudante realizará a presentación da lectura individual. Establecerase un calendario para adecuar a presentación da lectura individual ao tema de cada seminario. |
Traballos tutelados |
Cada pregunta de traballo implica afondar nun tema determinado (identidade, língua, participación política, etc.). Por exemplo: Estáse a diluir a identidade galega na española? ou Como está inserida Galicia na sociedade da información? ou Son os/as galegas/os conservadores políticamente falando?. En función da pregunta, requeriráse un tipo concreto de información, que o/a estudante terá que conseguir para chegar á súa resposta de investigación. |
Presentación oral |
Serán dúas presentacións orais. Unha, a correspondente á lectura individual que desenvolve cada un dos subtemas. A segunda, a final de curso, cando o/a estudante expoña ante os demáis o traballo de curso. |