Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
francisco.vidal@udc.es
Profesorado
Martinez Raído, Jose Luis
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
jose.luis.martinez.raido@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo do curso é introducir ao alumno no vínculo tradicional entre o arquitecto e o deseño industrial. O curso achégase á disciplina do deseño industrial e a figuras de arquitectos que desenvolveron unha actividade profesional relevante neste campo. Os contidos teóricos da materia apoian as prácticas de deseño industrial de obxectos. Coméntase a historia do moble; o material no proceso de deseño (madeira, vidro, aceiro); solucións con ensambles, parafusos e encolados; ergonomía no deseño.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos;
Non se modifican os contidos da mateira
2. Metodoloxías:
Mantéñense todas as metodoloxías previstas na modalidade docente ordinaria, excepto as "Saídas de campo", que se anulan
As seguintes metodoloxías realizaranse en modalidade non presencial, a través das aplicacións Teams e Moodle:
- Discusión dirixida
- Sesión maxistral
- Proba mixta (técnica e teórica).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Mantéñense os horarios de clase e titorías, que se realizarán mediante a aplicación Teams.
- Programaranse horarios adicionais de titorías para períodos non lectivos.
- Os alumnos poderán solicitar atención individualizada a través de Teams ou do correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación:
A proba individual farase a través da plataforma Teams. Alumnos sen posibilidade de acceso a plataforma Teams, poderán substituir a proba individual por un traballo tutelado proposto polo profesor, que entregará na plataforma Moodle. Este traballo tutelado alternativo suporá o 20% da calificación, sendo o seu peso na calificación equivalente ao da proba individual á que substitue.
Observacións de avaliación:
- Mantéñense as metodoloxías de avaliación recollidas na Guía Docente, coa excepción dos alumnos sen posibilidade de conexión a través da aplicación Teams, que poderán substituír a parte teórica da proba mixta por un traballo específico.
- Será necesaria unha participación activa do alumno, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispóñense as tarefas abertas en Moodle e as sesiones de revisión das mesmas a través de Teams.
- Flexibilizarase a asistencia as sesiones en Teams para alumnos que no podan seguir o horario por causas xustificadas, utilizando neste caso a atención individualizada en tutorías.
- As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial.
- A parte teórica da proba mixta farase a través da plataforma Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se prevén modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías