Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas horas de clase exponse a parte corresponte do temario que se irá desarrollando de forma gradual, con apoio de presentacións en power point e facilitando ó alumno a toma de apuntes.
Proba obxectiva Consistirá en un exame dividido en tres partes conformadas da maneira siguiente:
a) Exercicio sobre a carta náutica do Estreito de Xibraltar con supostos explicados nas sesións maxistrais, que irán aumentando en dificultade a medida que se avanza no programa.
b) Exercicio de navegación de altura con supostos sobre navegación de estima, astronómica, mareas etc.
c) Exame teórico no que o alumno contestará a unha serie de cuestións das desarrolladas ata ese intre.
Solución de problemas Resolución na aula de cálculos consistentes en:
Exercicios sobre a carta náutica do Estreito de Xibraltar involucrando todos os supostos da navegación real.
Problemas de estima:
Caso directo e indirecto con ventos, correntes, etc.
Problemas de mareas:
Cálculo da sonda nun instante dado.
Cálculo da hora correspondente a unha sonda dada.
Exercicios de navegación astronómica con cáculos de situacións e recoñecemento.
Traballos tutelados Traballos que de forma autónoma farán os alumnos sobre temas da materia: cartografía náutica, navegación costeira, instrumentación etc.