Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Modifícanse tódalas metodoloxías para adaptalas o formato non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral, Estudo de casos, Traballos tutelados e Solución de problemas: mantéñense tódalas metodoloxías ca particularidade de que as horas presenciais de todas elas se impartiran de xeito non presencial, preferiblemente de forma síncrona a través da plataforma Teams, no horario establecido polo centro.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: No horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos.
Correo electrónico: O docente estará a disposición do alumnado a través do correo electrónico para resolver dúbidas e consultas sobre a materia.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes.
*Observacións de avaliación:
En caso de non superar a materia por curso, o exame final, consistente na resolución dun problema sobre fletamentos con cálculo de amortizacións, gastos e beneficios, e un de planificación de proxectos e custos asociados, realizarase de xeito non presencial a través de Teams e Moodle, se a situación o requirise.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións. En todo caso, reforzarase o material accesible dende Moodle. |