Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Civil
Coordinación
Orro Arcay, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.orro@udc.es
Profesorado
Orro Arcay, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.orro@udc.es
Web
Descrición xeral
Preténdese nesta materia dotar ao estudante dunha especialización no ámbito da planificación do transporte, ao nivel equivalente á elaboración de eurocódigos, adquirindo as capacidades para:
- Realizar plans e estudos de planificación no ámbito do transporte, incluíndo a capacidade de desenvolver e modificar as ferramentas técnicas empregadas, avaliar os investimentos planificados e coñecer as súas implicacións.
- Desenvolver modelos de demanda, estudos de mobilidade, estudos de aparcadoiro, peonís e ciclistas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
En caso de suspensión da docencia presencial, as leccións pasarán a impartirse coa ferramenta Teams, manténdose polo demais o desenrolo previsto do curso, incluíndo os casos prácticos, solución de problemas, traballos tutelados, etc. No caso de que non sexa posible empregar algún software específico traballarase con algunha solución alternativa.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: Sesións síncronas no horario previsto. Titorías personalizadas e en grupo cando se soliciten.
Moodle: A solicitude.
Correo electrónico: A solicitude.
4. Modificacións na avaliación
Non se modificará a avaliación prevista, que se adaptará a metodoloxías non presenciais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías