Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non terán modificación, salvo causa excepcional e previo acordo co alumnado.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías descritas, ca peculiaridade de que serán desenvolvidas na plataforma virtual, Teams no seu caso.
Tanto as clases maxistrais como os estudos de casos serán traballados polos alumnos, en grupo ou individualmente e presentados na plataforma.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non haberá modificacións.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Manterase a atención personalizada ós alumnos, pero de forma virtual, previo acordo da correspondente cita co profesor.
4. Modificacións na avaliación
Neste caso, a proba tipo test será sustituida pola avaliación continua e os traballos en grupo, así como un traballo individual.
*Observacións de avaliación: A avaliación contínua e os traballos en grupo pasarán a ter un peso do 70% para a nota final e o traballo individual terá un peso do 30% sobre a nota final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan
|