Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Lecturas
Descrición
A atención personalizada consistirá na orientación e seguimento, mediante tutorización, tanto da elaboración do traballo tutelado de curso, como da preparación das lecturas a expor, da preparación da recensión bibliográfica e -para os alumnos semipresenciais- na orientación sobre dúbidas e dificultades suscitadas na preparación da materia para a proba obxectiva.
Para a atención personalizada empregarase o correo electrónico (os luns e mércores pola mañá), así como o foro de Moodle (todas as semanas lectivas do curso) e, especialmente no caso dos alumnos semipresenciais, as reunións presenciais convocadas en dous momentos do cuadrimestre.

O alumnado semipresencial deberá desenvolver as metodoloxías previstas para os restantes alumnos, entregando os traballos indicados (traballo tutelado, lecturas e recensión bibliográfica). Pero estará exento da asistencia ás sesións maxistrais, así como seralle obrigatorio o someterse á proba obxectiva de fin de curso.